CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CORRECIÓN E CUALIFICACIÓN DAS ASIGNATURAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
         CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CORRECIÓN E CUALIFICACIÓN DAS ASIGNATURAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA NA ESO.  O longo do curso realizaranse tres avaliacións.   Para a cualificación   final de cada avaliación teranse en conta tres elementos:      EXAMES PARCIAIS.  PROCEDEMENTOS.  A elaboración e presentación da libreta.  A entrega dos informes das prácticas realizadas e   traballos de investigación  ACTITUDE E TRABALLO DIARIO.  Atención, interese, esforzo e participación.      EXAMES PARCIAIS:  A nota media obtida dos exames parciais supoñerá o 70 % da nota final . Os contidos destes exames serán independentes e contabilizarán por igual á hora de facer dita media.  Para poder facer media entre os dous exames o alumno terá que obter unha nota mínima de 4.  No caso de que a nota nalgún dos exames sexa inferior a 4 a avaliación estará suspensa, tendo que recuperar posteriormente so o exame ou exames que obtiveran dita nota inferior a 4.      PROCEDEMENTOS:  Este apartado supoñerá o ...