CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CORRECIÓN E CUALIFICACIÓN DAS ASIGNATURAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA



CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CORRECIÓN E CUALIFICACIÓN DAS ASIGNATURAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA NA ESO.
O longo do curso realizaranse tres avaliacións.
Para a cualificación  final de cada avaliación teranse en conta tres elementos:

EXAMES PARCIAIS.
PROCEDEMENTOS.
A elaboración e presentación da libreta.
A entrega dos informes das prácticas realizadas e  traballos de investigación
ACTITUDE E TRABALLO DIARIO.
Atención, interese, esforzo e participación.

EXAMES PARCIAIS:
A nota media obtida dos exames parciais supoñerá o 70 % da nota final . Os contidos destes exames serán independentes e contabilizarán por igual á hora de facer dita media.
Para poder facer media entre os dous exames o alumno terá que obter unha nota mínima de 4.
No caso de que a nota nalgún dos exames sexa inferior a 4 a avaliación estará suspensa, tendo que recuperar posteriormente so o exame ou exames que obtiveran dita nota inferior a 4.

PROCEDEMENTOS:
Este apartado supoñerá o 20% da nota final e virá dado por:
A elaboración e presentación da libreta: nela terase en conta: se está completa, a presentación, o cumprimento das normas dadas (páxinas numeradas, vocabulario...), e o esforzo persoal.
A entrega dos informes das prácticas realizadas: descrición da práctica e exercicios propostos.
Poderase ter en conta, dependendo da avaliación, a realización, entrega e exposición dun traballo de investigación, que poderá ser realizado de forma individual ou en parellas.
ACTITUDE E TRABALLO DIARIO: 
Este apartado supoñerá o 10 % restante e nel se terá en conta o nivel de atención, o interese, a participación e  o traballo diario na aula.  
Para que este 10 % sexa valorado na súa totalidade  o alumno deberá ter feitos tódolos exercicios e non deberá presentar unha actitude pasiva de forma reiterada.
Por outro lado a actitude deberá ser a correcta: atención na clase, capacidade de esforzo e participación.
No caso de non entregar a libreta e/ou algún traballo obrigatorio poderase restar ata un 30 % a nota da avaliación.
Nas probas escritas figurará a cualificación correspondente a cada un dos problemas e/o cuestións que conteñan.
Nos exames cada alumno terá o material necesario: lapis, bolígrafo, calculadora, regra, etc., sen que se poida pasar de uns alumnos a outros.
As recuperacións das avaliacións non superadas realizaranse mediante un exame de recuperación despois de cada avaliación. A nota máxima de cualificación neste exame de recuperación será de 6.
CUALIFICACIÓN DE XUÑO
A cualificación en xuño obterase pola media aritmética das avaliacións para aqueles alumnos que teñan superada cada avaliación.
Os alumnos que non teñan cualificación positiva nalgunha das avaliacións se examinarán dunha avaliación, en caso de ter unha soa suspensa, ou de todo o curso en caso de ter 2 ou máis avaliacións suspensas. 
Isto o farán nunha proba escrita de actividades de recuperación de obxectivos, na data establecida polo Centro, obtendo como cualificación FINAL da materia a obtida no exame total ou a media aritmética, en caso de só ter unha avaliación. 
Os alumnos que non teñan cualificación positiva en algunha das avaliacións examinaranse dos contidos non asimilados no exame final de xuño, na data establecida polo centro, obtendo como cualificación final da materia a obtida da media aritmética das tres avaliacións sempre que estas estean aprobadas.

Comentarios